A mindoniense Marta Rivas gaña o bronce no Galego en categoría benxamín feminino para a Asociación Salto do Coro.
Mondoñedo foi o sábado 7 de maio o centro do dúatlon galego coa participación de 250 deportistas de toda Galicia en categorías escolares (cadete, infantil, alevín e benxamín). Jorge Doural, campión provincial, tívose que conformar co posto quince despois dunha caída no sector da bici. Para a Asociación Salto do Coro destaca tamén a participación de Pablo Botana, sendo a súa segunda proba deportiva na que compite deste tipo.
O centro da actividade concentrábase na Alameda dos Remedios dende onde a proba de bicicleta se desenvolvía cara á estrada de Maariz; mentres que a carreira a pé se desenvolvía pola Alameda e nas rúas mindonienses.
A Delegación de Deportes destaca a colaboración de todos os voluntarios que participaron na proba, tanto da Asociación SALTO DO CORO como de PROTECCIÓN CIVIL DE MONDOÑEDO, tanto do club ENDURO DE MONDOÑEDO, e o MOTO CLUB, sumando entre todos 70 voluntarios para a competición. Igualmente, agradecen a entrega dos empregados municipais que se envorcaron na organización desta actividade; e, por último, ao Club Tripenta Terras de Lugo por todo o traballo que durante este ano realizaba no Concello e coa Asociación Salto do Coro para fomentar este deporte na localidade.