Burela, 2 de maio de 2016. O Concello de Burela achegará a súa experiencia en actividades de sensibilización a entidades de Portugal, Alemaña e Holanda que participarán en Pontevedra no Seminario Internacional Intercambios en metodoloxías e materiais de educación para o desenvolvemento. O evento, encadrado no proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento II, celebrarase este martes, 3 de maio, na Sede Afundación, de 9.30 a 14.00 horas.
A partir das 12.30 horas a concelleira de Cooperación e Inmigración, Angélica Gómez, participará canda unha representante do Concello de Moaña na mesa Boas prácticas dos municipios galegos en educación para o desenvolvemento, onde se exporá a pertinencia de que a administración local se implique na concienciación da cidadanía a prol dos Dereitos Humanos. As xornadas contarán ademais coa actuación das caboverdianas afincadas na Mariña Batuko Tabanka, que este ano xirarán por unha decena de municipios socios.
O Fondo Galego actuou como referente na promoción das redes de cooperación descentralizada durante a primeira fase do proxecto cofinanciado pola UE, que culminou coa creación da Rede Intermunicipal de Cooperação para o Desenvolvimento en Portugal e coa xeración en Alemaña dun tecido de municipios irmandados con localidades nicaraguanas. A asociación lusa amosará no seminario experiencias de éxito en educación para o desenvolvemento no ámbito municipal, canda o Consello Nacional para Parcerías das Cidades entre Países Baixos e Nicaragua (LBSNN) e a ONGD alemá Fine+p.
O propio Fondo Galego explicará a continuación o seu modelo de xestión e o know how acumulado en educación para a cidadanía global, mentres que concellos socios da entidade contribuirán con exemplos de boas prácticas neste eido e de participantes nas Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado en países do Sur dirixido a persoal da administración local. Está previsto asemade conectar por vídeo conferencia coa Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e coa Rede Mozambicana de Mulleres Autarcas, para recoller as voces dos parceiros en terreo. No descanso de media mañá ofrecerase ademais un café de comercio xusto, mentres que pola tarde o Concello de Pontevedra organiza unha visita guiada.
O obxectivo de Redes para o Desenvolvemento II é fortalecer as autoridades locais europeas en accións de educación para o desenvolvemento, que contribúan a formar unha cidadanía crítica e comprometida coa xustiza social. As metas específicas pasan por capacitar as autoridades locais neste tipo de accións, promover boas prácticas e parcerías multiactor europeas e mais incorporar a participación cidadá nas políticas de cooperación.
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 84 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.
PROGRAMA DO SEMINARIO INTERNACIONAL INTERCAMBIOS EN METODOLOXÍAS E MATERIAIS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
9:30 Benvida
10:00 Experiencias de éxito en Educación para o Desenvolvemento no eido municipal
• LBSNN (Holanda)
• Fine+p (Alemaña)
• Rede Intermunicipal de Cooperação para o Desenvolvimento (Portugal)
11:00 O modelo de xestión e a Educación para o Desenvolvemento no Fondo Galego
11:30 Café de comercio xusto e actuación de Batuko Tabanka
12:00 A experiencia das Vacacións con Traballo
12:30 Boas prácticas dos municipios galegos en Educación para o Desenvolvemento
13:00 Proxecto coa Rede Mozambicana de Mulleres Autarcas
13:30 Debate
14:00 Peche
*Haberá servizo de interpretación inglés-galego e galego-inglés.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



