MONDOÑEDO (Lugo), 21 de maio. A portavoz do Partido Socialista de Mondoñedo Esperanza González pediulle hoxe a Alcaldesa de Mondoñedo “que non dilapide máis de 300.000 euros dos orzamentos da Deputación nunha vivenda privada”, a casa de Cunqueiro.
A concelleira socialista demándalle á rexedora “que non dilapide diñeiro nunha vivenda na que despois de investir, segundo ela mesma recoñece que lle fan falla máis de 400.000 euros, vai a seguir sendo privada”. Sinala ademais que segundo consta no contrato asinado entre a familia e o Concello de Mondoñedo (pax.2-cuarta disposición) “no caso de que a pranta baixa e primeira foron arrendadas, o Concello comprometese a compartir o 50% do aluguer (e outros ingresos que xeneren) das mesmas, cos propietarios”. Polo tanto a familia propietaria vai a ser beneficiada de todos os ingresos que xere esa actividade. Da a impresión que Candia esta máis preocupada por defender os intereses privados que por defender os intereses de todos os mindonienses.
Subliña ademais que o que sería interesante é que esta vivenda fora de titularidade publica, e despois investir. Advirte que as obras de rehabilitación deste inmoble foron adxudicadas a unha arquitecta que non é de Mondoñedo. Nese senso preguntase “senon lle parece que hai persoal cualificado na nosa cidade para desenvolver este proxecto, ou si pola contra é mais importante ter o carné do seu Partido Político?”.
Un ano de deixadez
Transcorrido o primeiro ano de Goberno de Candia en Mondoñedo, González critica a constate “deizadez” da rexedora nos asuntos municipais. Afirma que “dende o mes de decembro non aparece en ningunha reunión das comisión informativa previas á celebración dos Plenos do Concello”. Advirte ademais que hai unha nula presencia de Candia en reunión comarcais ás que ten que asistir como rexedora para tratar temas que afectan ao noso Concello “como reunións do GDR, Camiño de Santiago ou da Mancomunidade. Ademais doutras xuntanzas que convocan asociación locais e despois non aparece. Sobre estas xuntanzas nin esta, nin se lle espera”. A concelleira socialista di que Candia está mais preocupada polo que pasa na provincia, que polo que pasa no seu propio Concello. E pediulle “menos concursos de flores e máis traballo e compromiso ca cidade”.
25.000 euros en saír nos medios
González pídelle a Candia “que se centre un pouquiño mais, pero sobre todo que traballe máis e gaste menos, sobre todo en publicidade e propaganda, xa que a día de hoxe ten gastado máis de 23.000 euros en saír nos medios de comunicación solo para promocionarse, en tan só un ano de Goberno. A promoción nos medios é boa pero sen despilfarrar”, puntualizou.
Sen actos nas letras galegas
“A Candia gústalle moito aguantar os carteis das festas para sair nos medios, pero ademais de aguántalos e saír na foto hai que esforzarse e traballar un pouquiño mais”. Nese senso lembrou que o pasado 17 de maio non houbo ningún acto na nosa cidade para celebrar o Día das Letras Galegas. Remarca ademais que esta ano celebrouse o 25 aniversario no que a Álvaro Cunqueiro se lle concedeu ás Letras Galegas , e advertiu “que foi grazas aos hostaleiros do centro da cidade os únicos que realizaron actos para reivindicar as nosas letras”.