Os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén xuvenil Álex García ‘Mini’, Aarón Fernández, Christian Rivas ‘Pitero’ e Xosé Cayón festexaron o Día das Letras Galegas co título irmandiño defendendo a Selección de Lugo cunha destacada participación na cita de Pazos de Borbén. A vitoria fronte a Ourense (5-0) e o empate con Vigo (2-2) déronlles o pase á final, que caeu do lado lugués nos penaltis tras 1-1 con Pontevedra.
Jorge, con Galicia Infantil
O burelista Jorge Quelle finalizou o seu periplo con Galicia no Nacional de Murcia o sábado nas semifinais fronte a Andalucía (5-1); en grupos caeu con Castela-A Mancha (4-3) e impúxose ás Baleares (6-3).