A Vicepresidencia da Deputación de Lugo conta cunha ampla rede de apoio ao tecido asociativo e cultural da provincia, especialmente o vinculado coa música tradicional, que cumpre un papel fundamental na conservación e na transmisión dese legado. Unha das Asociaicóns máis veteranas neste eido é a A.F. O Arco da Vella que este fin de semana organiza o Festival do Emigrante en Barreiros
Barreiros, 1 de agosto de 2025. O Concello de Barreiros e A.F O Arco da Vella presentan a 42°edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante considerada Festa de Interese Turístico Galego.
A Alcaldesa, Ana Ermida e o concelleiro e deputado provincial, Daniel García acompañaron na presentación a membros da A.F O Arco da Vella que preside Enrique Penabad.
Este sábado, día 2 de agosto, ás 21:30h no campo de fútbol As Valgas poderemos desfrutar das actuacións da Agrupación Santa Ana (Tenerife), Rancho folclórico das Lavradeiras de Vila Franca (Viana do Castelo-Portugal) e da agrupación local, a A.F O Arco da Vella.
O día anterior, venres 1 de agosto, a A.F. O Arco da Vella organiza a xa tradicional Foliada do Emigrante na Praza do Souto, ás 20 horas, que este ano contará con carpa. Colabora no evento o Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación provincial.
A.F. O Arco da Vella, 45 anos a prol do folclore
A Agrupación Folclórica “O Arco da Vella”, nacía en 1980 coa finalidade de dar a coñecer o facer no eido do folclore que neses tempos tiña un grupo de cinco compoñentes pertencentes ao grupo do instituto de Ribadeo, por aquel entón nas mans da profesora de educación física, chegada da “sección femenina”, e baixo a denominación de “Tuna del Instituto de Ribadeo”. E tamén para recuperar todo aquelo relacionado coas tradicións (pezas musicais, roupa, baile, etc) recompiladas pola zona.
Integrantes: Aquel primeiro grupo, fundado no 1980, e cunha primeira actuación o 15 de maio na Festa de S. Isidro en San Miguel de Reinante, tiña 18 compoñentes, e o presidente era Enrique Penabad, quen segue no cargo na actualidade.

Socios: O maior número de socios esta sendo nestes dous últimos anos, rondando os 125.
Actividades: Sen dúbida a máis importante é o festival do Emigrante, xa que na actualidade non só aporta distintos tipos de folclore, culturas, xuntanzas musicais, senón que foi sempre a “motivación” para o bo funcionamento e o interés por mellorar a parte artística da Agrupación, xa que dende o principio, este festival levou consigo intercambios con grupos doutras comunidades e países, o que implicou viaxes nos que se aproveitou para divulgar a nosa tradición popular, maneira de vestir, bailar, etc, ademais de coñecer outros lugares facendo turismo.
Nos últimos doce anos, ao festival engadíuselle unha foliada previa o día antes, para achegar dun xeito informal, sen o traxe tradicional e sobre todo á xente nova, as músicas e bailes da nosa terra.
Destaca tamén a creación (uns anos despois de nacer a agrupación) das escolas infantís, nas que se quere ir introducindo o gusto pola tradición popular.
Todas estas actividades seguen a ser nas que máis se traballa aínda a día de hoxe, para que en Barreiros, se poida “resistir” outros, cando menos, corenta e cinco anos máis.
Ana Ermida, alcaldesa: “O Festival posiciónanos a nivel internacional e visibiliza a nosa cultura”
A rexedora barreirense fai fincapé no fenomenal escaparate que supón para un concello pequeno este evento que achega outras culturas e pon en valor as nosas tradicións musicais. En canto ao traballo de Arco de Vella, Ermida valora o nexo interxeracional que supón a aposta decidida de recuperación e preservación das músicas, traxes e bailes recollidas ó longo destes 45 anos. Un asociacionismo valente de base que serve para, non só co Festival do Emigrante, senón con outras actividades desenvolvidas ao longo do ano, manter vivas as nosas tradicións e culturas.

Publireportaxe patrocinado por























No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



