O Boletín Oficial da Provincia de Lugo, do día 16 de abril publica a convocatoria dunha praza de Técnico de Medio Ambiente para o concello de Ribadeo.
Dende Marea Ribadeo destacan que “algúns dos aspectos máis rechamantes desta convocatoria poderían ser os seguintes:
1.- Non se exixe titulación específica (vale calquera licenciatura universitaria).
2.- O tribunal estará constituido por funcionarios do Concello. Non haberá ningunha persoa de fóra do Concello nin ningún técnico de Medio Ambiente.
3.- O tribunal elixirá os temas da proba escrita sen ningún método aleatorio. Non se garante na estanqueidade.
4.- O prazo de presentación de instancias é de vinte días. A 10 de maio o anuncio non figura na páxina web do Concello.
5.- Entre as funcións do posto de traballo non figura ningunha actividade relacionada coa protección da Ría de Ribadeo agás a prantación de prantas autóctonas. Ningunha referencia á Rede Natura 2000, ZEPA, RAMSAR, lei e catálogo de paisaxes, etc”.