Burela, 25 de maio de 2016.- Este mércores a Asociación Mujeres en Igualdad Burela presentou no Concello de Ferreira do Valadouro o Programa P.R.I.A.P.E., “Mujer, tu trabajo, tu libertad”, para mulleres en situación de vulnerabilidade. Con este programa pretenden dar un paso máis adiante e traballar de modo persoal, con aquelas mulleres que desexen incorporarse ao mundo laboral, como apunta Mary Fraga, presidenta da asociación. Desde este programa, Mujeres En igualdad Burela ofrecen apoio para superar as dificultades específicas que interfiren ao longo do proceso de búsqueda de emprego ata conseguir a incorporación da muller ao mercado laboral de xeito efectivo.
Explicaron asi mesmo o que as mulleres interesadas poden esperar deste programa, tales como orientación e información sobre recursos singularizados, de atención e asesoramento persoal e social, que faciliten a súa integración social. Tamén contan con asesoramento xuridico e psicolóxico, actividades formativas, cursos e xornadas orientados á adquisición das competencias necesarias para acceder ao mundo laboral. Deseño de itinerarios personalizados de inserción: proceso continuo de apoio ás mulleres na elaboración, posta en marcha e desenvolvemento do seu proxecto profesional.
Desde Mujeres En igualdad Burela queren animar a todas as mulleres que desexen reincorporarse ao mundo laboral, a solicitar información nas súas instalacións en Rúa Pardo Bazán, 9 (Baixos da Casa do Mar) Burela, ou chamando ao teléfono 698176572 para concertar unha entrevista.
Este programa será presentado en todos os concellos da provincia de Lugo, sendo a próxima presentación en Alfoz, o próximo venres día 27 de maio ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro socio-cultural de Alfoz.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



