Foz, 25 de maio de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, entregou na mañá deste mércores en Santiago de Compostela á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o proxecto de reorganización da Avenida da Mariña, obra que contará cun investimento de 500.000 euros por parte da Xunta de Galicia.
O rexedor focense explicou que “no día de hoxe vimos de reunirnos coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e podemos avanzar que temos unha moi boa nova para o concello de Foz referente ao proxecto de reorganización e humanización da Avenida da Mariña: será financiado por esta Consellería da Xunta de Galicia, concretamente a cargo do Plan Hurbe, co que conseguiremos un financiamento de máis de 500.000 euros para levar adiante este proxecto”.
Javier Castiñeira engade que “este proxecto está unido ao de reorganización da Avenida Álvaro Cunqueiro, que irá financiado con cargo do remanente do ano pasado da Deputación de Lugo e que está pendente da firma do convenio co presidente do organismo provincial”.
O alcalde de Foz salienta que “déramos pasos principais e fundamentais para o financiamento, onde o Concello aprobaba que tiña que facer tamén algún esforzo económico. Pero sen dúbida o groso deste financiamento é das dúas administracións que a levarán, que son a Deputación, por unha parte, e agora acabamos de conseguir o da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Medio Ambiente”.
Castiñeira móstrase “contento e o agradecido á conselleira Beatriz Mato, que unha vez máis volta estar comprometida cos asuntos importantes do concello de Foz; e tamén, obviamente, ao propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, porque é un compromiso que el adquiriu na última reunión que tivemos”.
O rexedor focego conclúe comentado que “vanse conseguindo eses obxectivos e por suposto quero agradecer á ACIA-Centro Comercial Aberto que sigan apoiando desde Foz estes proxectos, porque sen dúbida suporán un cambio fundamental para a nosa actividade comercial e empresarial. Probablemente en poucos meses poidamos ter empezada esta actuación porque o compromiso que hai coa Xunta de Galicia é de iniciar canto antes a licitación das obras, que serán contratadas pola Consellería e polo tanto trataremos de coordinar as dúas fases e seguir avanzando neste tema”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



