Burela, a 6 de maio de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela manifestou este venres a súa “satisfacción porque o concello conserva as seis bandeiras azules que había en 2015. Entendemos que esto é positivo para fomentar o turismo na nosa vila, e avala tanto a política turísitica como mediombiental que se viñeron aplicando desde que Burela é concello, en 1995”.
Os populares consideran que “especialmente as das praias, tamén son un recoñecemento ó compromiso dos usuarios, por un lado, e ás constantes milloras que se realizaron todos os anos, por outro”.
Así, destacan que, “entre outras cousas, en 2013 se fixo un acceso para discapacitados en Ril, que non contaba con él, e en 2014 se instalou en Portelo unha infraestructua estable para socorristas e aseos”.
Pero os populares discrepan da valoración do alcalde: “parece que as bandeiras aparecen ahora en 2016 por obra e gracia do goberno socialista, cando resulta que este ano vamos ter as mesmas ca en 2014 e en 2015, cando gobernaba o Partido Popular: lembramos que en 2014 pasouse de catro a seis distintivos bandeira azul”.
Ademáis, desde o GMP aseguran que “non hai peor cousa que un concello teña un alcalde que minte, sabendo que minte, como é o caso de Burela, e eso é realmente grave, anque xa nos tén acostumados. Afirma que se recupera a bandeira da Praia de Ril, e eso é literalmente mentira, porque se recuperou en 2014: en 2014 e em 2015 xa estaban ‘as augas de Ril limpas e ben preparadas’”.
“Para instruilo, indican desde o GMP, dirémoslle que a Praia de A Marosa xa é bandeira azul desde antes da segregación. En 1999, con goberno do PP e sendo concelleiro delegado de Turismo e Medio Ambiente González Barcia, lográronse as bandeiras azuis para a Praia de O Portelo e para a Aula de Educación Ambiental GAIA; en 2002, tamén cun goberno do PP e co mesmo responsable de Turismo e Medio Ambiente, a bandeira azul para o Barco Museo ‘Reina del Carmen’. En 2010, co bipartito, consíguese a de Ril, que se perde en 2011. E en 2014, con goberno do PP e sendo concelleira de Medio Ambiente Patricia López e de Turismo Mónica Pedre, consíguese recuperar a de Ril, e por primeira vez a do sendeiro azul ‘Camiños da Costa’. Esto tamén lle vén ben ó actual concelleiro de Turismo, que afirma que no último goberno do PP se fixo pouco ou nada en materia de turismo. Quen ainda non fixo nada é el, así que menos leria na prensa e máis traballar”.
Por último, “non admitimos leccións nin do alcalde nin do PSOE en materia medioambiental. Hai que lembrar que en 2010 a Praia de Portelo tivo que baixar a bandeira azul por verquidos á Praia, derivados da absolutamente nula labor de mantemento do emisario submarino que fixo o bipartito. En 2011, coa volta do PP ó goberno municipal, houbo que investir 30.000’00€ en subsanar as averías do emisario para garantir a calidade da auga e que non se retirase a bandeira. Que o teña en conta o alcalde e os seus concelleiros”.









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



