18 de abril de 2016.- Este mércores o grupo do taller de teatro da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, desprazouse (xunto a dúas monitoras e a Directora Xeral de A Mariña) ata co Complexo Hospitalario Xeral Calde para representar a obra “O cazo de Sabela”.
A representación tivo lugar as 12 do mediodía e a ela asistiron todos os pacientes do hospital, xunto o persoal técnico.
Esta rerpesentación está cargada de emotividade xa que a obra trata un tema cercano a eles, o que supón padecer unha enfermidade mental.
Foi unha xornada emotiva e de gran relevancia, tanto para os usuarios de “A Mariña” como para os pacientes do hospital, xa que coa representación deixouse patente que as persoas con enfermidade mental teñen cabida no ámbito cultural e que con esforzo e dedicación poden alcanzar diversidade de metas e ter calidade de vida.
Seguidamente os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña disfrutaron dunha tarde de ocio que incluíu comida, tarde de compras e paseo por Lugo.