Santiago, 31 de maio de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana a posta en marcha do novo acceso ao porto de Burela no presente ano 2016, así como o impulso da compra pública innovadora en todas as administracións galegas para a mellora dos servizos públicos e exercer un efecto tractor na innovación do tecido empresarial. Así mesmo, a sesión plenaria inclúe a toma en consideración da proposición de Lei do Grupo Popular para a actualización do sistema de transporte público de Galicia.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou a incidencia da proposición de lei de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia. “Consideramos que é unha solución acaída para que o sistema se manteña, se siga modernizando e, ao mesmo tempo, se cumpra a normativa europea respecto das concesións”, sinalou.
A continuación, terá lugar a comparecencia no Pleno do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para informar dos acordos adoptados polo Consello da Xunta en relación co uso en investimento dos novos recursos dos que dispón a Xunta de Galicia como consecuencia de ter xestionado ben as contas nos últimos anos e de ter unha maior marxe para o investimento a través do endebedamento.
“Estamos a falar de arredor de 20 millóns de euros para reformar 372 centros educativos galegos, é dicir, practicamente a terceira parte dos colexios públicos existentes, con obras que van desde a mellora da eficiencia enerxética, á construción de novas instalacións ou melloras das existentes”, sinalou Puy. Ademais, indicou que “este investimento vai ter, polo tamaño das obras e pola diversidade xeográfica das actuacións nos centros públicos, un impacto económico nas economías locais”.
PORTO DE BURELA E COMPRA PÚBLICA INNOVADORA
O Grupo Popular defenderá nesta sesión plenaria dúas proposicións non de lei. A través da primeira, solicítase á Xunta a posta en servizo neste ano 2016 do novo acceso ao porto de Burela. Pedro Puy explicou que esta obra evitará que máis de 400 vehículos pesados atravesen a diario o núcleo urbano de Burela en dirección ao porto ou de saída das instalacións portuarias.
Así mesmo, o Grupo Popular solicitará á Xunta que oriente os seus concursos á adquisición de bens que incorporan actividades de innovación, que non só incentivan a xeración e produción deste tipo de bens senón que tamén melloran a calidade do servizo público.
A orde do día da sesión plenaria incorpora, ademais, dúas preguntas do Grupo Popular ao Goberno. A primeira ten como obxectivo coñecer a valoración que o Goberno galego fai da recente viaxe do Presidente da Xunta a Cuba. Pedro Puy lembrou as recentes encontros que Feijóo celebrou cos presidentes de Arxentina, Uruguai e Cuba, nas que “non só conseguiu chegar a posibles acordos económicos, senón que teñen un significado institucional e político relevante pola capacidade de interlocución con presidentes de repúblicas que van facilitar as exportacións e, ademais, acollen a unha importante colectividade galega”.
A segunda pregunta ten que ver coa valoración que fai o Goberno galego da incidencia da Lei de montes en materia de protección e mellora do monte. O portavoz popular lembrou que Galicia conta con máis de 3.000 comunidades de montes veciñais, que abranguen arredor de 660.000 hectáreas, o que representa o 33 por cento da superficie total de Galicia.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



