Lugo, 11 de maio de 2016.- O Grupo Provincial do PP lamenta que o Señor Besteiro perdese hoxe ao negarse a prestar declaración “unha magnífica oportunidade” de aclarar as sombras que pesan sobre a súa xestión á fronte da Deputación de Lugo e que están a ser investigadas pola xuíz Pilar de Lara no marco da Operación Pulpo.
En concreto, o ex líder dos socialistas galegos e ex presidente da Deputación de Lugo está a ser investigado nesta causa, tal e como xa teñen recollido os medios de comunicación, por suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás administracións públicas, fraude de subvencións e tamén por un delito continuado de malversación.
O vicevoceiro do Grupo Provincial do PP de Lugo, Carlos Armesto, considera que era en sede xudicial onde o ex presidente da Deputación podía defender a súa xestión. “Ao non telo feito os cidadáns non poden máis que pensar que ten algo que ocultar, posto que non se entende que non dea as explicacións oportunas ante as graves sospeitas que pesan sobre el”, engade.
Os populares pensan que estas explicacións “se fan hoxe máis precisas ca nunca, despois de que o Señor Pulpeiro, outro dos investigados na Operación que instrúe a xuíz Pilar de Lara, recoñecese onte na súa declaración, tal e como recollen os medios de comunicación, que o responsable da actuación que se está a investigar é o Señor Besteiro”.
Armesto engade que ao socialista “se lle enche a boca” dicindo que colabora coa xustiza en todo aquilo que se lle pida, demanda axilidade e hoxe, que ten a oportunidade de defenderse, garda silencio. O popular pregúntase que ten que ocultar o Señor Besteiro e pídelle, polo ben da institución que dea as explicacións oportunas para non seguir manchando a imaxe da Deputación de Lugo.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



