Ó PP de Viveiro resultalle “sorprendente” que algúns membros do equipo de goberno local afirmen alegremente, nalgúns medios de comunicación, que determinadas obras están rematadas e finalizadas cando a realidade é ben distinta.
“Estámonos a referir á obra da mellora da eficiencia enerxética do alumeado público no medio rural , obra subvencionada pola Xunta de Galicia con 108.900 euros dentro do Fondo de Compensacion Ambiental do 2014, e que foi adxudicada a Empresa Otelec Costa Norte S.L e finalizada e recepcionada o 4 de decembro de 2014.
O obxectivo que perseguía o o goberno Local con esta actuación era o de mellorar e eliminar no alumeado publico o chamado tanto alzado, asi como a colocación de lámparas de aforro enerxético e cuadros eléctricos”.
Ditas obras foron realizadas nas parroquias e lugares de Alboi e Aldea ( Faro ), Borreiros ( Galdo ) , Pallaregas ( Covas ) , cemiterio de San Pedro ( San Pedro de Viveiro ), Escola de Valcarría ( San Esteban de Valcarría ) e Cullereiro ( San Andrés de Boimente ), quedando todo rematado a falta da colocación nos cuadros de alumeado dos aparatos de medida eléctricos, os que todos coñecemos como “ contadores da luz “. Esta xestión tiñaa que realizar e pagar o Concello cunha comercial eléctrica, para así poder dar de alta os alumeados e o mesmo tempo eliminar da facturación o xa mencionado tanto alzado .
Transcurrido mais dun ano da finalización das obras, un membro do goberno local afirmaba o 16 de febreiro nun medio de comunicación , que xa foran dados de alta ata seis contadores novos dos alumeados dos lugares citados anteriormente coa intención de reducir o consumo e costes , xa que os alumeados a tanto alzado están obsoletos , afirmación que compartimos plenamente . Para a nosa sorpresa e despois de todo o tempo transcorrido, estando a obra finalizada e recepcionada, resulta que os cadros eléctricos non teñen instalados os contadores da luz, o que significa que nin están dados de alta e que siguen a tanto alzado.
Unha situacion similar se repite na parroquia de Galdo, onde o goberno local chegou afirmar nun medio de comunicación o 5 de Febreiro, que xa puxera en marcha o pozo de bombeo do Pontigo, afirmación que non parece de todo certa porque non existe contador da luz no cadro eléctrico, o que nos leva a pensar que si o puxeron en funcionamento será co obsoleto a tanto alzado.
Por todo esto dende o grupo do PP de Viveiro, solicitamos o goberno local que non faga máis afirmacions infundadas para colgarse medallas e que se adiquen a finalizar as obras en cuestión, o que sin dúbida repercutirá positivamente no aforro da factura eléctrica do Concello e permitirá que eses recursos se poidan invertir en cubrir outras necesidades dos veciños de Viveiro.