Ribadeo, 11 de maio de 2016.- A décimo primeira edición do torneo internacional Vila de Ribadeo de fútbol veterano, que se celebrará este fin de semana, sábado e domingo, contará con 42 equipos. Entre os participantes hai clubs de Alxeria, Inglaterra, Bélxica, Portugal e de varias comunidades autónomas españolas. Foi presentado este mércores na Casa do Concello ribadense nun acto que contou coa presenza do alcalde, Fernando Suárez; do concelleiro de Deportes, David Rivas; do presidente de Acisa Ribadeo, David Martínez, e de tres directivos da Asociación Deportiva Veteranos Ribadeo FC: Víctor Pérez Quintana, Juan Antonio Rodríguez Peceux e Antonio López Piñeirúa.
O edil de Deportes cualificou este evento como “un dos acontecementos deportivos da primavera ribadense, porque é impresionante a cantidade de xente que pode mover un torneo coma este, como se poden xuntar nunha fin de semana en Ribadeo arredor de mil persoas, que veñen de puntos tan dispares este ano como Alxeria, Gran Bretaña, Portugal ou Bélxica. Entón tamén é un escaparate moi importante para a vila de Ribadeo. Poñer a Ribadeo no mapa por Europa e por África adiante pensamos que é moi positivo para o desenvolvemento local do noso concello. Nós, como non podería ser doutra maneira, no que estea na nosa man vamos poñer todos os medios para que o torneo se desenvolva con garantías e que sexa un éxito”.
O presidente de Acisa Ribadeo deu os parabéns aos organizadores, porque “é incrible que en once edicións consigan facer este evento, traer tanta xente a Ribadeo. Para Acisa é unha marabilla que veñan mil persoas estes días aquí a comer, comprar, coñecer e estar en Ribadeo. É un pracer estar colaborando con eles. Vexo que ven xente de toda España e de fóra, que, por un lado, poderán coñecer Ribadeo e gozar aquí estes días; e nós tamén coñecer o seu deporte e a súa afección”.
Os partidos disputaranse no estadio municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, e nos campos do Outeiro, da parroquia ribadense da Devesa; As Valgas, de San Miguel de Reinante; O Cascabeiro, de San Cosme de Barreiros; El Soutón, de Vegadeo, e A Xungueira, de Tapia.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
