Os traballadores da Empresa Mayco (Grupo Bidueiros) Auxiliares de ALCOA no departamento de Fundición maniféstanse ante a negativa da dirección da empresa (Maquinaria y Colaboraciones, S.L.) a iniciar as pertinentes conversas que deriven na sinatura dun novo Pacto de Empresa, toda vez que o anterior esgotou a súa vixencia en 2015, tralas xestións realizadas polos responsables de persoal.
A mobilización realizarase os días 23, 24, 25 e 27 de maio coa entrega de octavillas informativas. Mentres que o xoves 26 teñen prevista unha manifestación, entre as 06.00 e as 09.00 horas, que percorrerá a Estrada de Acceso a Alcoa e a Estrada de Laxe – Morás, incluíndo o paro (folga) dunha hora (entre as 08.00 e as 09.00 horas).
“Ao mesmo tempo temos inquedanzas con respecto a minoración das condicións
económicas que se realicen para conseguir o contrato con Alcoa, rematado o
mes pasado; xa que levaría a que os traballadores sufrísemos as consecuencias, dado que pretenderían repercutir esa baixada nos salarios”, segundo o delegado de persoal, Miguel Díaz.
“De non manter o contrato entre Mayco e Alcoa, os traballadores solicitamos o mantemento dos postos de traballo independentemente da empresa que acade o contrato”, conclúe.