Os traballadores da Empresa Mayco (Grupo Bidueiros) Auxiliares de ALCOA no departamento de Fundición, participaban este xoves 26 de maio nunha manifestación que percorría a Estrada de Acceso a Alcoa e a Estrada de Laxe – Morás entre as 06.00 e as 09.00 horas -á que se engadía un paro entre as 08.00 e as 09.00 horas.
O delegado de persoal, Miguel Díaz, explica que “seguimos sen saber se Mayco manterá o contrato de fundición con Alcoa”. Nese sentido, “seguiremos coas manifestacións mentres non se reúna a empresa con nós e paros en forma de folga indefinida durante o vindeiro mes; xa que continúa a falta de comunicación por parte da dirección da empresa Mayco”.
Os traballadores solicitan “información para saber a que aternos. Cun empresario tan mozo non concibimos que actúe como se estivésemos no século XIX, impoñendo unilateralmente as súas condicións cando sabe que está rexido por unhas normas coma a E.T., L.P.R.L, etc”.
Así mesmo, o delegado de persoal apuntaba que “estamos a recibir coaccións por parte dun encargado e da dirección da empresa dirixidas aos traballadores que exercemos o dereito á folga”.
Con todo, Díaz agradece “a xenerosidade e paciencia de tódolos traballadores afectados pola entrega de octavillas durante esta semana e pola manifestación do día de hoxe” igual que “as mostras de apoio recibidas polo comité de empresa de Alcoa e a súa presenza nestas mobilizacións”.
Incidentes
A manifestación transcorría con normalidade excepto polo intento de atropelo, que non aconteceu pola rapidez dos traballadores en apartarse, ao acceder un vehículo á cabeza da manifestación invadindo o carril contrario nunha curva.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



