A Mariña, 10 de maio de 2016.- O focense Pablo Fernández Asensio, xefe territorial da Consellería do Mar, será o encargado da presidir a Mesa do Congreso comarcal da Mariña lucense, segundo deu a coñecer este martes a Comisión Organizadora.
Fernandez Asensio ten unha ampla experiencia na Administración autonómica na que ingresou no ano 1989. Formado en seguridade e navegación, exerceu como delegado territorial de Pesca durante os mandatos de Manuel Fraga (desde o ano 1997) e como xefe territorial de Mar na etapa de Alberto Núñez Feijóo (desde abril de 2012), responsabilidade que exerce na actualidade.
Tamén forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián e foi director xeral de Recursos Pesqueiros ata o ano 2012 onde asumiu a Xefatura da Delegación da Xunta en Celeiro.
O cita congresual do Partido Popular da Mariña lucense terá lugar este domingo, 15 de maio, a partir das 10.30 horas e pechará coa primeira edición do Xantar do PP comarcal, que se realizará nunha carpa instalada ao efecto ao carón do Pavillón Municipal de Deportes de Viveiro, xunto aos institutos e cámping.
En ambos actos poderán participar todos os simpatizantes que así o desexen, no caso da comida, cada agrupación local ten a disposición dos interesados as tarxetas –a prazo de 25 euros-. Por primeira vez os militantes da Mariña están chamados a escoller con voto directo, ao futuro Coordinador comarcal e á súa Executiva.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



