CON PÓLVORA E MAGNOLIAS. Corría a década dos 60´na vila lucense de Monforte de Lemos e a vida pasaba chea de cores, era unha época gris cincenta pero o contexto xeral nunca opaca á primavera da xuventude, esta sempre florece.
Na localidade do Cabe sempre había traxín; principal nexo ferroviario entre a Meseta e Galicia bulían os trens e viñan e ían as persoas.
Un dos múltiples actores daquela época era un rapaz de nome José, que en plena adolescencia tiña por obxectivo inmediato a finalización do bacharelato, como paso previo a ben sabe Deus que. Porque quizás os momentos máis fermosos da nosa existencia non se programan, non obedecen a un plan, tan só son un exercicio máxico de improvisación, unha marabillosa anarquía.
Por aquel entón Manuel María era un Procurador dos Tribunais do partido xudicial de Monforte que compatibilizaba a súa actividade profesional con outra docente nunha pasantía onde axudaba a que José superase os seus estudos. A política e o galeguismo do poeta da Terra Chá atopábanse todavía en proceso xestacional xa que daquela, de non seguir o consello do Caudillo facendo coma él, non meténdose en política, un podería estar asumindo unha sorte de misión kamikaze, unha sorte de haraquiri. Dicía un dos protagonistas deste relato, a través de fontes de certa confianza, que a radicalización de Manuel María chegou con Saleta Goi; non tendo a certeza exacta de si foi así ou doutro xeito, o certo e que este dato fai máis fermosa a historia si cabe.
O traxecto vital seguido posteriormente polo poeta é xa coñecido por todos, exerce de forma simultánea actividade profesional, literaria e política ata que xa no ano 1985 se adica en exclusiva ás dúas últimas; o tempo parece querer facer xustiza e convirtese nun referente do galeguismo e da cultura galega.
Mentres tanto o mozo estudante de bacharelato cursa maxisterio e remata acadando unha praza de mestre de primaria; esquivo ao eloxio gratuíto define a Manuel María como un bo tipo, comprometido coa súa causa e coherente co seu pensamento.
Dous mestres e dúas leccións: do poeta a por en valor a bondade e a coherencia -ambas parecen cualidades menores e asemellan, en cambio, perigar a súa existencia-, do mestre José a pedagoxía que implica ensinar e aprender, reforzar nos acertos e transixir nos erros, valorar as preguntas por enriba das respostas…
E este corolario, que á súa vez parece unha praga de tópicos, leva o narrador a concluír que, no que á lingua respecta, é preciso dotala de bondade e coherencia, cumpre facer pedagoxía, é importante animar a todos a falala reforzando nos acertos e tolerando nos erros, e, ao igual que o poeta, é necesario dotala de lirismo e compromiso.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



