O salón de conferencias do Concello de Burela acolleu o pasado domingo, 8 de maio, a presentación do libro El hijo de un dios mayor, de Alexandre De Deus Monteiro. O acto estivo organizado pola Concellería de Inmigración e Cooperación. A edil Angélica Gómez contou que “foi unha presentacion moi emotiva, chea de vos recuerdos, a miña sorpresa foi saber que un dos libros que veu presentar contaba a historia dos meus pais e a miña, cando viñemos con el de Lisboa entrando por Tui en 1984 e aí comenzou a nosa vida en Burela”.
