Burela, 27 de maio de 2016.- O programa “Parolando” da Radio Burela do día 26 de maio dedicouse a repasar o primeiro ano na alcaldía dalgúns dos novos alcaldes da nosa bisbarra. Estiveron connosco Mayra García, Alcaldesa de Trabada, Jorge Val, Alcalde de Alfoz, e César Álvarez “Mourelle”, Alcalde de Vegadeo. Falaron dos seus proxectos na alcaldía, da súa ilusión por facer cousas polo seu pobo, pero comentaron tamén as repercusións que o feito de ser alcaldes ten na súa vida familiar, no seu tempo libre, na súa imaxe, nas súas relacións sociais, no seu traballo…
Radio Burela: un ano na alcaldía
Radio Burela: un ano na alcaldía
Relacionado
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores