Viveiro, 2 de maio de 2016.- Ás 16:30 horas deste luns, a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro realizou o sorteo da Campaña do Día da Nai, cuxo premio era un fabuloso Diamante que recaeu en María Carballal, veciña de Viveiro, e foi un ticket de compra de Paquetería Mónika o que lle deu a sorte nesta ocasión. A gañadora amosábase entusiasmada no momento que lle comunicóuselle que ela era a premiada. Procederase á entrega do premio este xoves 5 de maio ás 17 horas nas oficinas da Asociación.
A Xunta Directiva móstrase moi satisfeita co resultado obtido nesta campaña, xa que foron numerosas as persoas que se achegaron o sábado á carpa instalada na Praza Maior a depositar os seus tickets de compra… o número de tickets recolleitos nesta ocasión foi moito máis do esperado, superou expectativas, ben cabe dicir que o premio era un gran reclamo.























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



