Bruxelas, 2 de maio de 2016. O cancro de mama é a día de hoxe o máis presente na sociedade europea, chegando a abarcar o 13,8% do total dos casos. Este é tamén o cancro máis frecuente entre as propias mulleres, acadando taxas de até o 30%. Porén, a taxa de mortalidade está no 7.2%, o cal é mostra evidente da importancia da detección precoz e o seu correcto tratamento.
Conscientes destas posibilidades, no ano 2003 o Parlamento Europeo aprobou o Informe sobre o cancro de mama na Unión Europea, que pide especificamente aos Estados “que toda muller que padeza cancro de mama teña dereito a ser tratada por un equipo multidisciplinar”, instándoos a establecer “unha rede global de centros certificados e multidisciplinares de mastoloxía”.
Un dos principais motivos polo cal o Parlamento decidiu elaborar este informe foi precisamente porque resultaban inaceptábel as diverxencias existentes de até o 16% na taxa de supervivencia ao cancro de mama en función do Estado onde viviras. “Trece anos despois, atopámonos ca vergoñenta e esperpéntica situación de que, na Galiza, actualmente esta discriminación estase a dar mesmo dentro das pacientes dunha mesma área sanitaria”, denunciou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra.
A través da visita realizada pola plataforma SOS Sanidade Pública o pasado mes de marzo ao Parlamento Europeo soubemos que, dende comezos da década dos ’90, 139.00 habitantes da área sanitaria de Vigo foron asignados/as sen consulta previa ao hospital privado Povisa S.A., ficando limitados a unha atención deficitaria en comparación co resto de habitantes que integran esta área.
Esta situación está a conlevar unha gravísima discriminación na atención sanitaria para máis de 73.000 mulleres que, ao estaren asignadas a un hospital privado e menos servizos como é Povisa, non teñen acceso á Unidade Multidisciplinaria implantada no Hospital Universitario de Vigo (Meixoeiro) -seguindo as indicacións establecidas no citado Informe emitido polo PE no ano 2003-, como si teñen as demais mulleres desta área.
“É indignante que máis de dez anos despois deste informe, haxa unha área sanitaria que sega afondando nesta discriminación cando hai datos que sinalan que, detectados precozmente, os cancros de mama son superados nun 90% dos casos”, criticou a eurodeputada galega.
“Debido ao deterioro intencionado dos servizos públicos para acelerar a súa privatización, e á introdución de criterios salvaxemente economicistas no eido da saúde, a situación sanitaria no noso País está dando lugar a situacións realmente aterradoras”, lamentou a eurodeputada galega. “Mete medo ver a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro e os ‘trapicheos’ do seu modelo público-privada; mete medo a restrición de medicamentos como os da Hepatite C simplemente porque a Xunta antes prefire aforrar cartos que mortos e mortas, e agora tomamos consciencia tamén de situacións coma esta: que dependendo de se vives uns kilómetros cara un lado ou cara o outro tes máis ou menos posibilidades de curar un cancro de mama. É vergoñento e indignante que responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde e, neste caso concreto, ca saúde das mulleres”
Pregunta parlamentaria e Comisión de Peticións
Na procura da igualdade real no acceso á atención sanitaria, que neste caso concreto implica que a Unidade Multidisciplinar do Hospital Meixoeiro sexa a Unidade de referencia de todas as mulleres da Área Sanitaria de Vigo -independentemente da localidade na que habiten ou cal sexa o seu hospital de referencia-, en colaboración ca plataforma SOS Sanidade Pública vimos de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea denunciando o incumplimento das recomendacións da UE.
Paralelamente, acompañamos á plataforma no proceso de rexistro desta denuncia na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, realizado o pasado xoves 28 de abril. Asemade, dende AGEe faremos seguimento exhaustivo da evolución desta petición ao longo dos vindeiros meses.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



