O CD Burela FS Pescados Rubén visitará este sábado a pista do FSF Móstoles (Villafontana, 16.30 horas), na antepenúltima xornada de Primeira RFEF, para disputar a primeira das tres finais que faltan para alcanzar o soño da liga. As pupilas de Iván Cao, Lucas, defenderán o liderado (74 puntos) ante o noveno clasificado (34 puntos), rival ao que se impuxeron na primeira volta 7-3.
“Estamos con moitas ganas e máis fortes que nunca; cada partido é para nós unha final” explicaba a incorporación invernal do Pescados Rubén, Dany, que asinou un triplete na última xornada, fronte ao Jimbee Roldán FSF (6-1). “O ambiente no vestiario é moi positivo pero agora mesmo só pensamos en Móstoles, imos partido tras partido. Creo que teremos que traballar moito para romper a súa defensa e máis na súa casa” advertía a 3 burelista, que atribuíu ás súas compañeiras a responsabilidade do gran momento persoal que está vivindo na Mariña: “Grazas ás miñas compañeiras, coas que estiven na miña anterior etapa -Peque, Maite, Jozi…- e ao resto, é coma se non me fose ao Brasil; todas me facilitaron moito o traballo. Oxalá siga marcando máis goles, que traian os tres puntos, claro”.
“Para nós a afección é o sexto xogador, motívanos a diario e sentimos sempre a súa forza, en Vista Alegre e fóra. Nesta recta final son máis importantes ca nunca” concluía así Dany unha hora antes de subirse ao autobús rumbo á 28ª xornada.
Ás baixas das lesionadas Shiori, Emma e Lara, súmase a ausencia de Judith, por enfermidade; entrará na convocatoria Silvia Rubal, do conxunto filial.
Desde a segunda praza e con 1 punto menos que as laranxas, o Atlético de Madrid Navalcarnero recibirá mañá (19.00 horas) o UA Alicante, quinto clasificado, con dous puntos menos que o Ourense Envialia, en postos de Copa de España.
CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 17. Maite, 25. Silvia Rubal























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
