Foz, 20 de maio de 2016. O salón de actos da Casa da Cultura de Foz acolle este venres unha lectura pública de obras de Manuel María organizada polo Concello focense para celebrar o Día das Letras Galegas. A actividade, que empezou ás dez da mañá, foi inaugurada polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e pola concelleira de Cultura e Educación, Silvia Blach Cuesta.
Os primeiros en ler textos de Manuel María foron alumnos do colexio do Pilar e a continuación participaron escolares do IES de Foz e do CEIP O Cantel. Para a tarde está prevista a asistencia de alumnos dos colexios Número 1 e Martínez Otero, así como doutros veciños, porque o acto é aberto ao público en xeral.
Concurso fotográfico
Para conmemorar o Día das Letras Galegas a Concellería de Cultura focense tamén organiza o concurso Fotografiando a literatura, certame para o que segue aberto o prazo de presentación de traballos.
Poden participar mozos e mozas menores de 30 anos e cada proposta fotográfica presentada, tanto dixital como impresa, deberá ir acompañada dun poema ou dun texto narrativo da obra de Manuel María. As presentación dixitais serán en formato jpg e os envíos faranse ao correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es ou ben poderán entregarse nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal de Foz. O gañador ou gañadora recibirá de premio un libro electrónico.
O prazo de presentación de traballos remata o 5 de xuño e, de contar cunha cantidade significativa de propostas, farase unha exposición das mesmas.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



