Burela, 4 de maio de 2016. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela impartirá 3 cursos nos vindeiros días.
A aula CeMIT de Burela inicia unha nova andaina neste ano 2016 impartindo tres novos cursos de informática.
Mañá, 5 de maio, iniciarase o curso Elaboración de presentacións (Nivel Medio), dirixido a persoas con coñecementos básicos en informática. Neste curso amosarase a crear presentacións de diapositivas mesturando texto, imaxes, formas e sons. O programa que se empregará para esta fin será o Impress, incluído no paquete ofimático LibreOffice. O curso contará cunha duración de 15 horas e impartirase de luns a xoves de 16:00 a 17:30 horas. Rematará o día 24 deste mes.
O segundo curso comezará o venres, 6 de maio, e finalizará o día 18, trátase da actividade de formación Correo electrónico: Gmail. Está dirixida a persoas con coñecementos básicos de internet e nela amosarase a crear unha conta de correo electrónico coa que poder enviar e recibir mensaxes doutras persoas. O curso impartirase ao longo de 12 horas de luns a venres de 10:30 a 12:00 horas.
Por último, o vindeiro luns, 9 de maio, dará comezo un curso de Procesador de Textos, tamén dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. Con esta actividade amosarase a crear todo tipo de documentos de texto a través do programa libre Writer, incluído no paquete ofimático LibreOffice. Dita actividade desenvolverase de luns a xoves de 18:30 a 20:00 horas. Finalizará o día 23 e súa duración será de 12 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre estes cursos as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



