Hai un adagio que di que un é de onde estudou e non de donde naceu. Quizá porque nese momento da nosa vida xéranse os cambios que logo determinarán boa parte do noso destino. Pero cando estamos vivindo eses momentos determinantes case nunca nos damos conta. Como tantas veces, é o paso dos anos o que acaba aquietando todas as augas e deixando a salvo só o que valeu a pena. Eu estudei en moitos sitios e recordó os edificios donde o facia, internados e non , edificios que son capaz de percorrer de arriba abaixo na miña memoria e que forma parte da paisaxe máis reconocible d a miña infancia e adolescencia. Alí ensináronme case todo o que sei. Tamén puxeron as bases do que logo fun aprendendo mais adiante, nas viaxes e nese paso do tempo que che ensina que a vida non é máis que un tránsito no que cada cal elixe o seu camiño, un camiño proteico e cambiante no que é esencial contar con bos asideiros que che permitan improvisar os teus pasos cada vez que o destino pónte a proba.
O valor do esforzo, a reivindicación da beleza, a honradez e ata o mismísimo divertimento funos aprendendo naquelas aulas nas que deixamos o eco das nosas voces e de tantos e tantos recordos imborrables. Eu cheguei a eses sitios sen saber o que ía ser na vida, e si hoxe son o que son é porque me crucei con profesores que me axudaron a entender que o meu mundo non empezaba na Aldea e acababa na Xesta. Aprendín que si te esforzas e perseveras nos teus soños podes vivir onde queiras e emprender calquera camiño no que realmente creas.
Tiven a sorte de coincidir con compañeiros e compañeiras que tamén se comprometeron con todo o que se nos ía ensinando. Moitos deles ocupan ou ocuparon postos de responsabilidade en moitos ámbitos da nosa sociedade, pero alí aprendín que o triunfo e o fracaso son mendaces e maniqueos, e que o único que vale é o intento permanente por mellorar, por ser boa persoa e por saber cada día un pouco máis. Podería dar nomes, e sería ingrato si non citase a algunhas das profesoras que me cambiaron a vida. Son escritor de articuliños como este polas clases de Literatura , lingua ou polo latín que me ensinaron. A equipaxe que máis coido na miña vida é o dos valores que asimilei naquelas frias aulas. Tiven a sorte de aprender matemáticas ,pero naquelas clases de matemáticas tamén se falaba da ética e da impronta do saber e da liberdade que algunos ensinantes da “cascara amarga” viñan ensinando desde facía décadas. Tamén aprendemos que a única igualdade é a que nos ofrece a todos as mesmas posibilidades de educación e que a nosa cultura é o noso verdadeiro patrimonio.