Viveiro, 20 de xuño de 2016.- O pasado sábado, celebrouse na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa, o Campionato Galego de Pista ó Aire Libre de Veteráns, cunha participación masiva de atletas de tódolos clubes galegos. O clube Egovarros, estivo representado por 16 atletas que acadaron 21 medallas: 11 ouros, 5 pratas e 5 bronces, destacando por encima de todos os participantes no campeonato galego, o record do mundo na proba de 800 m, acadado por José Vicente Rioseco cun tempo de 2:30:59, na categoría de M75, batindo o anterior record que estaba en posesión do atleta australiano David Carr con 2:34:30.
Os seus compañeiros de clube acadaron as seguintes medallas: no apartado femenino, Begoña de Arriba en W60 foi ouro en 100 m e en 5000 m e prata en 1500m; Susana Parguiña en W50 foi ouro en 1500 m e en 5000 m.
No apartado masculino: Antonio Cabana en M75 foi ouro en 5000 m; Antonio Hernandez en M65 foi ouro en 800 m e en 5000 m; Salvador Patiño en M65 obtivo o ouro en 400 m, prata en salto de lonxitude e bronce nos 200 m; Fernando Ramos en M65 foi prata nos 400 m e bronce nos 100 m; Luis Miguel García en M60 foi ouro nos 100 m e prata nos 400 m; Jose Luis Meizoso en M55 foi bronce nos 5000 m; Marcelo Vasquez en M45 foi prata en 5000 m; Jose Angel López en M40 foi ouro nos 5000 m; Rubén Vila en M40 foi bronce nos 1500 m e Roberto Collazo en M35 foi bronce nos 800 m.
A próxima proba que disputarán será o Campionato Galego de 5 km en ruta que se celebrará na localidade coruñesa de Curtis o vindeiro 2 de xullo.