11 de xuño de 2016.- Este sábado dia 11 de xuño a ASOCIACIÓN DE FIBROMIALXIA A MARIÑA, en colaboración co Concello de Xove, no CENTRO XUVENIL deste Concello, proxectará a pelicula SONATA PARA VIOLONCHELO, pelicula que trata a enfermidade da Fibromialxia.
A esta proxección pode acudir calquera persoa afectada ou non pola enfermidade, a entrada é gratuita e venderemos unhas rifas a 1€, para facer un sorteo donde a persoa agraciada poderá disfrutar dunha sesión de SPA no HOTEL CANTABRICO TALASO LAS SIRENAS de Viveiro, xunto con un acompañante.
A Asociación Fibromialxia, fai outras actividades o longo do ano, tales como exercicios na piscina de Celeiro, 2 días a semana e asistimos a balnearios duas veces ó ano.
Asimismo estamos en contacto con investigadores da USC que están a buscar voluntarios na comarca para investigar as orixes genéticas desta enfermidade crónica.
Algunhas socias afectadas acudiremos a un curso de 10 dias, que será os luns de 10:00 a 13:00, que será impartido en Xove (Urb. Palmeiro) por a Asociación ACADAR.