O pasado venres 3 de xuño celebrouse na casa sindical unha asemblea local do BNG de Ribadeo na que, entre outros temas, se decidiu nomear a responsabilidade e viceresponsabilidade locais, asumidas respectivamente por Paz Ermida e Pablo Vizoso.
“Cremos necesario retomar o traballo como organización na nosa vila, para ser quen de transmitir a veciñanza a nosa capacidade de loita e superación, as nosas ansias de rexurdir como pobo e de defender uns ideais, sen máis recompensa que un futuro digno para o noso país”.
Este xoves, 9 de xuño, comeza a campaña eleitoral. É por iso, que vos convocamos a xuntarnos ás 22.30 horas na casa sindical para organizar a pegada inicial e informarvos dos actos que se levarán a cabo.