Xove, 7 de xuño de 2016.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, analizou este martes co alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, os pormenores das obras de acondicionamento e mellora da seguridade nas gradas da piscina municipal que se acometerán a cargo da Orde da Xunta pola que se convocan axudas aos concellos para creación ou mellora de Infraestruturas de uso público. No encontro tamén participaron representantes do Club de natación e da Asociación cultural e deportiva de Xove.
Arias salientou que mellorar as instalacións e os servizos públicos “sen que supoña unha carga para as administracións locais” é o obxectivo da ducia de obras que vai a executar a Xunta por medio desta orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza noutros tantos concellos da comarca da Mariña, incluído o de Xove, no que a actuación suporá un investimento de máis de 46.000 euros.
As axudas concedidas teñen por obxecto financiar infraestruturas que beneficien directamente aos veciños, que van dende a optimización enerxética das redes de iluminación pública; á ampliación, rehabilitación ou mellora de dependencias deportivas ou culturais ou á pavimentación de camiños. “Que contribúan a garantir, en definitiva”, explicou a delegada da Xunta, “o equilibrio territorial e que todos os galegos teña unhas óptimas condicións de vida e uns servizos axeitados con independencia do lugar onde residan”.
A execución destes proxectos conta co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a través dos fondos incluídos no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. As axudas económicas concedidas financian o 80% do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, co límite de 40.000 euros para as solicitudes individuais de concellos e 50.000 euros para as solicitudes formuladas conxuntamente por varios concellos.
Así, en Barreiros reurbanizarase o contorno do teleclube en San Cosme; en Burela procederase á reposición de pavimento e substitución de xogos infantís; en Cervo pavimentaranse os accesos ao polideportivo de Rúa; e en Foz reformarase o alumeado público no paseo da Ribeira.
Ademais, está previsto facer melloras no pavillón polideportivo municipal de Lourenzá; reforzar a rede de saneamento e o pavimento na rúa Alza-Cemiterio en Ribadeo; facer melloras nas casas do Concello de Trabada e Mondoñedo; equipar o parque infantil existente na piscina municipal do Valadouro; Acondicionar a estrada de acceso a Moreiras no Vicedo e pavimentar o vial do cemiterio de Celeiro-Viveiro.
Polo que respecta á Orde de compensación ambiental, dependente tamén da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, executaranse cinco actuacións máis, tres delas solicitadas de xeito conxunto.
Ademais do saneamento no Castro-Igrexa (Castelo), en Cervo, e o mantemento de espazos naturais do concello de Foz, así como nos concellos de Lourenzá e Trabada, mellorarase a recollida selectiva de lixo nos concellos que conforman a Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa e sufragaranse os gastos do punto limpo ubicado no Valadouro e que comparten este concello e o de Alfoz.
En total, as 17 intervencións mencionadas suporán un investimento global de 848.197 euros.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



