Burela, 2 de xuño de 2016.- A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o luns día 27 de xuño de 2016. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Temporada 2016-17 (abonos de soci@s, entradas…)
3. Organización da ED Burela FS 2016-17
4. Orzamento económico 2016-17
5. Rogos e preguntas