Ribadeo, 27 de xuño de 2016.- Rematou o curso 2015/2016! O martes 28 entreganse as notas finais. Para o alumnado de 1º de bacharelato do IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO foi algo máis especial porque recibiron a visita dos seus colegas alemáns do Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen nos últimos dez días. Unha visita esperada porque completa o intercambio anual que se ven realizando neste centro dentro do seu Plan de Europeización que inclúe Programas Europeos para alumnado e profesorado, optativas de configuración propia e ofertadas no bacharelato, ademais da oferta de francés e portugués como segunda e terceira linguas estranxeiras,… Todo este armazón académico ten un fundamento claro: a aposta definitiva en Ribadeo por un futuro de formación e cooperación cos recursos e valores de ámbito europeo.
Durante estes días o alumnado alemán coñeceu o presente e o pasado da vila, a través das historias e das paisaxes, visitou o mercado, empresas de fabricación artesanal, os recursos paisaxísticos da ría de Ribadeo,… e tamén tiveron tempo para compartir experiencias en Coruña, Gijón, Santiago,… para rematar na noite máis curta do ano que supuxo a derradeira da súa estancia na nosa terra.
Un novo grupo de alumnos e alumnas estase xa preparando xa para renovar este intercambio ben consolidado no noso centro, e que supón un empuxe definitivo para o coñecemento da realidade europea e un achegamento directo e profundo coa realidade académica dun país veciño.
Agardamos que estas experiencias e outras similares que se veñen desenvolvendo contribúan a fortalecer o espírito de cooperación, de tolerancia e de respecto entre tódolos cidadáns.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



