Burela, 1 de xuño de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, acompañado dos concelleiros de Medio Ambiente, Noelia María Ben, e de Protección Civil, Ramón Vázquez, asistiu este mércores en Oleiros ao acto de entrega das bandeiras azuis. Burela recibiu seis, tres para os areais de A Marosa, O Portelo e Ril, e outras tres para o Barco Museo, a Aula Ambiental Gaia e a ruta do litoral burelés.
O rexedor e tamén presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña sinalou que “todos os concellos costeiros teñen a súa bandeira azul, como mínimo unha e hai outros concellos que teñen bastantes máis. Iso quere dicir que polo menos na nosa comarca coidase o medio e procúrase un bo servizo para os areais facendo sempre a mellor maneira de atraer xente para a zona”.
Alfredo Llano engadiu que “como presidente da Mancomunidade teño que dicir que estamos contentos de que todo o mundo teña unha representación de bandeiras azuis en todos os concellos costeiros”.
O alcalde de Burela salientou “con respecto a Burela hai que dicir que a Concellería de Medio Ambiente está funcionando ben. Iso significa que dalgunha maneira aumentamos as posibilidades de bandeiras azuis. Temos este ano tres nos areais máis outras tres que son de recoñecemento como é o Barco Museo, a Aula Medioambiental Gaia e o sendeiro azul para a ruta do litoral burelés”.
Llano asegurou que “en Burela estamos preocupados polo medio ambiente e queremos facer algo que realmente chame a atención e motive á xente a facer as cousas mellor e a estar máis comprometidos co noso medio”.
Finalmente o rexedor burelés declarou que “imos procurar en primeiro lugar tratar de contratar aos socorristas, unha vez que estean contratados izaremos as bandeiras. Posiblemente o fagamos nos areais a finais do mes de xuño”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



