Mondoñedo, 21 de xuño de 2016.- A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo amplía os horarios dos cursos de natación para amoldarse ás necesidades dos usuarios da piscina.
Así, mantéñense os horarios de mañá con grupos de iniciación e perfeccionamento de nenos e adultos; dando clases de doce a dúas da tarde sendo as clases de cincuenta minutos tres días á semana.
Amplíase o horario de tarde, tamén con grupos de iniciación e perfeccionamento pero só de nenos en horario de sete da tarde os luns, mércores e venres para iniciación; e os martes, xoves e sábado para perfeccionamento.
Para informarse ou apuntarse poden chamar ao teléfono 605790091 (Raúl).