Lugo, 11 de xuño de 2016.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, percorreu na tarde deste sábado o traxecto que une O Barqueiro (Mañón) con Reinante (Barreiros) a bordo do tren turístico da Ruta dos Faros, que iniciou hoxe a primeira viaxe da tempada de verán.
A Ruta dos Faros é un dos nove itinerarios enmarcados na cuarta edición do programa de trens turísticos Galicia a todo tren que promove Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e a Deputación de Ourense, e que percorrerá desde agora e cada sábado de xuño, xullo, agosto e setembro o traxecto entre Ferrol e Ribadeo, pasando polos concellos costeiros da provincia de Lugo.
Raquel Arias destacou que “o valor desta ruta como reclamo turístico para os miles de visitantes que chegan á nosa Comunidade cada verán, que poderán coñecer nun só día algúns dos enclaves naturais máis representativos da Mariña lucense, ao facilitárselle un acceso cómodo a algúns dos puntos máis illados da nosa costa”.
Trátase dun paquete moi completo que permitirá aos viaxeiros percorrer en tren o litoral norte de Galicia, realizando paradas e mesmo sendo trasladados en autobús a puntos de gran valor paisaxístico, entre eles a praia das Catedrais ou o entorno do Faro de Illa Pancha, en Ribadeo.
Por outra banda, “este itinerario é un produto que permite tanto xerar riqueza na comarca, porque incrementa o fluxo de visitantes e, consecuentemente, os clientes nos establecementos hostaleiros, como poñer en valor os recursos patrimoniais e naturais dos seus concellos ao representar tamén unha ferramenta de promoción e difusión turística”, explicou Arias.
A delegada da Xunta tamén lembrou a boa acollida que tivo a Ruta dos Faros o verán pasado, cando “o tren acadou unha ocupación do 86% e trasladou ao longo da costa norte de Galicia a máis de cincocentos viaxeiros”.
Turismo de Galicia impulsa este verán na provincia de Lugo catro rutas turísticas en tren. Ademais da dos Faros, figuran na oferta a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, a Ruta do Viño de Valdeorras-Ribeira Sacra e a primeira edición da Ruta Termal e do Camiño do Norte a Santiago.
Nesta nova edición, o programa Galicia a todo tren incrementará a oferta global en 84 novas prazas, grazas a aos bos datos da tempada pasada, na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros.
Na provincia de Lugo, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra foi a que rexistrou a maior ocupación, que foi do 100%, “o que demostra a gran demanda deste produto turístico e o crecente interese que espertan entre os viaxeiros os xeodestinos e o patrimonio histórico e natural da provincia de Lugo”, dixo Arias.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



