Lourenzá, 29 de xuño de 2016.- Autores descoñecidos causaron durante a pasada noite numerosos danos en inmobles e vehículos municipais e no centro de saúde de Lourenzá. A alcaldesa, Rocío López, que denunciou os feitos hoxe no cuartel da Garda Civil de Mondoñedo, pide máis presenza policial no concello e tamén colaboración veciñal para intentar saber quen é o autor ou autores destes feitos. Os danos causados nos edificios ascenden a 5.500 euros e faltan por valorar os estragos ocasionados nos vehículos.
A rexedora municipal explicou “estragaron os cristais das ventás e das portas do centro de saúde, tanto as da parte de diante como as de detrás. Tamén romperon as ventás dun dos baños da piscina municipal. E no recinto feiral, en dúas naves que temos para carpintería, estragaron 48 cristais; ademais romperon todas as ventás da nave de formación, que está anexa a un local que ten a empresa concesionaria do servizo de auga municipal, Espina y Delfín, onde resultaron rotos todos os cristais. E ademais nun cobertizo que está xunto ás naves de carpintería causaron danos nos vehículos municipais que están alí aparcados: romperon todos os cristais dun camión elevador e ademais estragaron os cristais, os espellos, os limpaparabrisas e os faros dos vehículos de Protección Civil e das Escolas Deportivas”.
A alcaldesa considera que “son actos vandálicos que se repiten, pois hai uns días que ocorreron outros similares na depuradora e na Aula da Natureza. O procedemento é basicamente o mesmo, posto que o autor ou autores dos feitos utilizan un obxecto metálico co que rompen todo. E en tódolos casos causan os danos en bens municipais”.
Rocío López rematou comentando que “os prexudicados finalmente son todos os veciños do concello, porque os danos foron causados en instalacións e vehículos municipais. Estes feitos non poden quedar impunes e ademais non queremos que se volvan repetir, polo que poñeremos todos os medios para intentar evitalo. E pido colaboración veciñal para que se alguén viu algo sospeitoso que poida axudar a identificar ao autor ou autores que o comunique canto antes”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



