Lugo, 17 de xuño de 2016.- A campaña de promoción de Lugo como cidade universitaria e de descontos do 50% na matrícula para primeiros estudantes en 10 titulacións do Campus lugués, que leva por nome Para estudar, Lugo, está a ter bos resultados. Pois, en tan só unha semana, a web www.paraestudarlugo.com recibiu 5.000 visitas de toda España e do estranxeiro.
Así o comunicou este venres a voceira provincial socialista, Pilar García Porto, que adiantou que os 120.000 euros que achega a Deputación para asumir a metade dos custos da matrícula, permitirán beneficiar a máis de 400 alumnos. “Por certo, o mesmo número de becas que a Xunta de Galicia rexeitou conceder a outros tantos estudantes galegos, limitándose a dar unhas 190 en toda a Comunidade. Isto significa, que o Goberno galego do PP rexeitou case o 70% das becas solicitadas. Este é o compromiso de Feijóo coa educación pública, que dista moito do desta Deputación”, remarcou.
Das 5.000 visitas a www.paraestudarlugo.com, máis do 10% proveñen de países como Rusia, Estados Unidos, Alemaña ou Portugal, “o que demostra que a campaña está a promocionar e fomentar o Campus de Lugo máis alá das nosas fronteiras”, subliñou a voceira. O 90% restante de visitan son de España: máis do 14% son de Madrid e outro 10% de cidades como Barcelona, Valladolid, Xixón, León, Santiago de Compostela ou A Coruña.
Redes Sociais
Nas redes sociais, a campaña está a ter como principal foco de comunicación os perfís oficiais do Campus Terra e da Deputación de Lugo. As publicacións no Facebook da Deputación de Lugo tiveron un alcance de máis de 30.000 persoas e foron compartidas por máis de 100 usuarios. A estas publicacións, habería que sumar as realizadas polas páxinas asociadas á Universidade de Santiago de Compostela. En Twitter, a campaña estase a promover co uso do hashtag #paraestudarlugo, así como con diferentes accións e imaxes. Nesta última semana, publicáronse arredor de 120 chíos con dito hashtag ou relacionados co programa de bolsas.
García Porto apuntou que Deputación e USC levan a cabo a 3ª edición da campaña Para estudar, Lugo logo dos resultados acadados coas anteriores convocatorias, pois, en dous anos, conseguiuse incrementar nun 10% a taxa de ocupación da totalidade de prazas do Campus de Lugo, así como nun 18% a das 10 titulacións con descontos na matrícula. Estas son as seguintes: Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais; Enxeñaría Civil; Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Lingua e Literatura Españolas; Ciencias da Cultura e Difusión cultural; Relacións Laborais e Recursos Humanos; Xestión de Pequenas e Medianas Empresas e Administración e Dirección de Empresas.
Cláusulas Sociais
A Xunta de Goberno aprobou a contratación do servizo de vixilancia do Pazo de Tor, cunha dotación de 33.577,5 euros e por un prazo de 5 meses. Xosé Ferreiro e García Porto subliñou que, como novidade, a Deputación implicou aos sindicatos neste proceso de contratación, pois FES-UGT, FTSP-USO, CC.OO e CIGA propuxeron 5 empresas que defenden os dereitos dos traballadores para participar neste procedemento negociado, no que a Deputación de Lugo tiña que convidar a lo menos a 3 entidades. Ademais, como segunda novidade, incorporáronse cláusulas sociais a este contratos para blindar os dereitos salariais e laborais dos 2 traballadores da entidade que resultou adxudicataria durante a súa relación contractual co organismo provincial.
García Porto puxo en valor o traballo levado a cabo dende 2014 no eido da contratación pública, pois “conseguimos que hoxe sexan 655 os empregados que teñen blindados os seus dereitos laborais coas cláusulas nos contratos e programas subvencionados da Deputación de Lugo. Hai outras administracións do país, como o Ayuntamiento de Madrid, que está a copiar o modelo de contratación pública que a Deputación de Lugo leva aplicando dende hai 2 anos; ademais de estar traballando na elaboración duns futuros Presupostos Participativos, que a Deputación de Lugo tivo no 2015, sendo totalmente pioneira en España”.
Certificacións electrónicas
A Xunta de Goberno aprobou a adhesión da Deputación de Lugo á PASAXE, á Plataforma de Interoperabilidade, que permite o intercambio de información entre as distintas administracións públicas do país. Deste xeito, evítase que os cidadáns teñan que aportar, constantemente, documentación ás distintas institucións a hora de levar a cabo trámites, como participar en procesos de contratacións ou solicitar unha subvención. Unha vez que o cidadán presente a documentación nunha administración, dixitalizarase e colgarase nesta plataforma, estando ao acceso de todas as administracións. Por exemplo, custodiaranse datos de identidade; de residencia e padrón; catastrais; certificacións de titularidade; certificados nos pagamentos da seguridade social; altas e baixas na Seguridade Social, títulos universitarios…, ata un total de 50 indicadores. Simplificaranse trámites e axilizaranse os procedementos.
Máis emprego
A Xunta de Goberno resolveu a contratación de dous desempregados lucenses, que iniciarán a súa actividade laboral noutras tantas empresas e entidades da provincia, ao abeiro do Ben Empregado. Trátanse dun Xefe Documental para produtos do sector turismo que traballará na cidade de Lugo e un diplomado ou licenciado en Matemáticas para a realización de actividades extraescolares nunha entidade de Sarria.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



