O sábado 4 de xuño celebrábase nas Pontes de García Rodríguez o XXV Trofeo Silex no que participaban os cadetes do Club Iadovi de San Cibrao, Gabriel Galante Briones e Francisco Botelho Melo, na modalidade de arco recurvo.
Tras a finalización das series clasificatorias Gabriel situábase en primeiro lugar con 642 puntos sobre os 720 de máxima; 11 puntos máis que os obtidos na última competición na que participou (segundo encontro de Liga Nacional en Madrid, na que se facía co primeiro posto tras as eliminatorias). Pola súa banda, Francisco situábase en quinto lugar con 41 puntos máis que na súa última actuación no segundo encontro de liga, aínda así os 527 puntos non foron suficientes para pasar ás eliminatorias en cuartos de final.
Gabriel vencía sen dificultade as dúas eliminatorias que lle correspondían proclamándose vencedor na categoría de cadetes. Mentres que o seu compañeiro Francisco participaba no trofeo secundario (para todos os porteiros que non pasaban a cuartos de final) facéndose coa terceira praza.
Ana Maria Briones Montes participaba na modalidade de arco recurvo, na categoría sénior, finalizando tras as series clasificatorias en segundo posto. Pasaba a cuartos de final nas eliminatorias perdendo o seu primeiro encontro ante a representante do Club Arco Narón, Fátima Silvent. No seu segundo encontro de eliminatorias vence á compañeira desta última María García, facéndose coa terceira praza.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
