San Cibrao-Ferrol-A Coruña, 17 de xuño de 2016.- En Marea dedicou a mañá de hoxe ao sector industrial, que está sufrindo as políticas de desmantelamento promovidas por Feijóo e tuteladas por Mariano Rajoy. Nos últimos oito anos perdemos en Galicia o 11,7% de emprego industrial.
Mantemento dos postos de traballo en Alcoa
O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, desprazouse esta mañá ata a sede de ALCOA en San Cibrao, onde mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa, na que tamén participaron os deputados de AGE do Parlamento Galego Ramón Vázquez e Antón Sánchez. “En Marea fai súas as demandas do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao porque a nosa razón de ser é facer nosas as demandas dos traballadores, máis de 1.400 ademais das 60 empresas auxiliares. Para a Mariña é fundamental o mantemento e o futuro das dúas plantas e daremos máxima urxencia á resolución da poxa eléctrica para o ano 2016. Ten que implicarse tamén a Xunta neste problema e o goberno en funcións, que si actúa no caso de Ence e Reganosa pero non con Alcoa. Asumimos a demanda do Comité de que se se produce a venda de Alcoa San Cibrao que non implique a separación das dúas plantas, que manteñen moitos servizos comúns. Defendemos tamén que a venda, se se produce, sexa conxunta e que a Xunta de Galicia forme parte como socia inversora de Alcoa garantindo unha tarifa eléctrica galega que contemple a especificidade da industria galega, que ten unha incidencia moi importante na economía e no PIB de Galicia”, reivindicou Miguel Anxo Fernán Vello.
Á mesma hora na Coruña, ANTÓN GÓMEZ-REINO, YOLANDA DÍAZ e JOSÉ G. BUITRÓN tamén recollían as propostas do Comité de Empresa de ALCOA A Coruña, que xa foron trasladadadas por En Marea ao Congreso na pasada lexislatura e que serán reivindicadas de novo na vindeira. “Estivemos reunidos de novo cos traballadores de Alcoa que poñen enriba da mesa a urxencia dunha solución, que non ten que ver con cores políticas nin ten por que esperar a un novo goberno, pois estamos falando do presente e do futuro de aluminio en Galicia. O desemprego e a falta de tecido industrial no noso país e na nosa comarca é un problema fundamental e ademais de comprometernos a, de En Marea estar no novo goberno, buscaremos a ferramenta que lle dá viabilidade á planta, instaremos ao resto de partidos a buscar conxuntamente unha solución”, explicou Gómez-Reino trala xuntanza. “É necesario facer un pacto de Estado para que a industria xere riqueza. No caso de Alcoa están vendendo as plantas sen descartar peches e queremos garantías para que poidamos competir en igualdade de condicións co resto de países. Queremos que a Xunta e o novo goberno que saia de Madrid artellen solucións para o noso sector”, demandou Juan López Corbacho, presidente do Comité de Empresa de Alcoa A Coruña.
Plan industrial para Navantia
Horas antes, a candidata de En Marea ao Congreso, YOLANDA DÍAZ e o candidato ao Senado, José G. BUITRÓN reuníronse tamén esta mañá co comité de empresa de Navantia, para coñecer de preto a dramática situación que está a sufrir nestes intres o asteleiro público, que vén de acumular unha débeda histórica, superando os 200 millons de euros. O Comité de Empresa esixe como primeira medida para intentar revertir a actual situación a negociación co novo goberno que saia elexido o vindeiro 26 de xuño dun plan industrial. Isto é imprescindible para negociar coa Unión Europa unha inxección de capital, necesario para revertir a situación. Un dos principais problemas que ten agora o comité de empresa de Navantia é a falta de comunicación coa dirección da empresa pública, o que conleva que non coñezan nin a carga real de traballo nin as medidas a tomar para poder facerse cargo dela, como é a contratación de persoal cualificado e coas condicións salariais estipuladas no convenio. Neste senso, denuncian que as contratacións se están a fapcer a través de empresas de traballo temporal, con descoñecemento do comité de empresa. Por último denuncian a falta dun plan de formación, para preparar ao persoal e para acceder ao mesmo tempo ás subvencións que a Unión Europa concede.A candidata de En Marea, Yolanda Díaz, destacou, nesta xuntanza, a importancia de definir o futuro desta empresa, xa que na actualidade hai un plan de privatizaciòn encuberta en camiño, sinalando que “o novo goberno terá que poñer os recursos e definir as estratexias necesarias para solucionar problema”. O candidato ao Senado, José G. Buitrón, manifestou a importancia de que empresas públicas como Navantia emerxan de novo xa que “delas depende o desarrollo social e económico do entorno.”
Propostas de En Marea
En Marea promove o cambio a unha economía realmente produtiva e cara unha política industrial pública que atendan aos principios fundamentais da ecoloxía social. As realidades dos límites da dependencia das enerxías non renovables e as necesidades sociais impoñen a necesidade dunha transformación radical do noso modelo produtivo.
-Debemos desenvolver medidas para a redución do prezo da enerxía para a industria en consonancia cos principios de transición enerxética e transparencia tarifaria.
-A transición enerxética produciría externalidades positivas para o conxunto da economía, ao permitir a xeración de emprego cualificado e contribuír á creación de tecido industrial e empresarial. O fomento de actividades como o desenvolvemento das enerxías renovables, a rehabilitación de vivendas, o tratamento e xestión de residuos, a xestión forestal para aproveitamento de biomasa e a prevención de incendios serán unha fonte significativa de novos postos de traballo.
-Implementar un Plan de reindustrialización do país e de desenvolvemento dos servizos públicos. Iso debe levar necesariamente ao control público de sectores estratéxicos da economía, empezando polo financeiro, e a un o desenvolvemento do sector público en todos os ámbitos, que posibilite a posta en marcha dunha planificación democrática da economía en función das necesidades sociais e de forma respectuosa co medioambiente.
-Fortalecer unha industria de calidade por medio da innovación vinculada a un desenvolvemento tecnolóxico que aplique os resultados da investigación científica, aproveitando os recursos investidos na investigación pública, e que se retroalimente co tecido produtivo do territorio, orientándose cara a un desenvolvemento social e medioambientalmente sustentable.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



