Ribadeo, 15 de xuño de 2016.- Este mércores comezan a traballar 9 dos 23 socorristas contratados polo Concello para esta campaña estival. A segunda quenda principiará o 1 de xullo. Ribadeo é o primeiro concello da Mariña en contar con este servizo en 2016.
O alcalde, Fernando Suárez, contou que este mércores, “a mediados de mes, é cando empezan traballar unha serie de socorristas que contratamos no Concello de Ribadeo, concretamente 9 dos 23 que temos previsto que durante todo este verán, e o resto a partir do 1 de xullo, estean operativos ata o 15 de setembro para cubrir esta longa tempada estival”.
O rexedor ribadense explicou que “facemos isto e somos dos primeiros en ter xa técnicos de salvamento nas nosas praias, que serán reforzados con técnicos sanitarios, e que están sendo reforzados tamén polos operarios de medio ambiente e as profesionais de turismo porque entre todas estas áreas queremos ter o noso concello moi preparado para toda esta campaña estival que promete ser histórica como todos estes últimos anos, onde cada ano se bate récord no número de visitantes”.
Fernando Suárez subliñou que “iso é moi bo para a economía de servizos que temos en Ribadeo. Non temos outra, esta é a máis importante que temos, as outras dúas a secundaria e a primaria son cativas a día de hoxe, e temos que potenciar e aproveitar o recurso que temos”.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “sabemos que o inverno é moi longo e no verán ven moita xente. Queremos que se sinta cómoda, que merque, que durma e estea aquí en Ribadeo e todo o noso esforzo está dedicado precisamente a facelo máis agradable. Para que falen ben de nós polo mundo adiante, para que se queden con bo sabor de boca para volver e para que isto redunde na economía municipal”.
Finalmente Suárez Barcia dixo que “aventuramos que vai ser un verán tamén intenso en número de visitantes de todos os puntos. Atrévome a dicir que xa do mundo, porque Ribadeo cada vez é máis internacional. A miña compañeira de Turismo, Ana Martínez, dicía que no que levábamos de mes o 30% dos visitantes que se achegaban aquí eran estranxeiros. Parece que o 30% é pouco, pero o 30% de visitantes estranxeiros hai quince anos era unha quimera absoluta e hoxe é unha realidade”.
O alcalde e a concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida, mantiveron na mañá deste mércores un encontro cos socorristas no salón de plenos do Concello.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



