Foz, 6 de xuño de 2016.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 30 de Maio, “Foz,Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.
O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan a renovar a ducha da entrada da Praia das Polas en Nois, así como tamén, se coloque un lavapés.
O segundo rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno que procedan a acabar as actuacións previstas para a zoa do Curbeiro, e que foron aprobadas en pleno, tras unha moción presentada por FPF.
E o terceiro rogo solicitámoslle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que manteñan o mercado semanal do 9 de Agosto.
Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:
-Preguntamos por que na parroquia de Cordido se pode rellenar ó lado da fonte do Sixto, e non se pode rellenar unha charca que hai preto do río.
Resposta:Non se sabe nada dese recheo ó lado da fonte do Sixto.
-En que estado está a tramitación da nova E.D.A.R e si hai partida orzamentaria por parte da Xunta de Galicia?.
Resposta: Estase a facer un estudo de alternativas , a continuación se fará o informe medio ambiental e a continuación hai o compromiso de que se reciba a comisión de seguimento.
-En que estado está a tramitación do PXOM?
Resposta: Urbanismo xa informou de certa documentación que había que aportar a maiores, e xa se aportou. Contase que no mes de Setembro podería haber unha resposta.