Burela, 15 de xuño de 2016.- A cuarta edición da Xornada de Fútbol Sala na Rúa tivo na tarde deste mércores unha grande acollida entre a xuventude de Burela e arredores. A actividade, organizada pola Fundación Imdecum e que contou coa colaboración do CD Burela FS Pescados Rubén, tivo que trasladarse ao pavillón dos Castros dende a praza da Mariña debido á chuvia. Os xogadores laranxas Hélder, Renato e Carlitos compartiron cos máis pequenos a súa destreza co esférico.
A pesar das ameazas meteorolóxicas, numerosos rapaces/as achégaronse á cita futboleira para pasar unha entretida tarde lúdico-deportiva, afinando pase, regate e gol nas pistas inchables cedidas por IG10 Activity Center.