Lidia Barreira conseguía unha nova xesta histórica para o Maderas Barcia Lourenzá no campionato autonómico cadete celebrado en Ferrol.
Cun mellor triple salto de 10,15 metros, Lidia facíase coa medalla de bronce. Por diante dela, Ángela Rodríguez -do Barbanza- lograba unha marca de 10,47 e Natalia Vilariño de 10,21.
Ademais Lidia participaba na final de lonxitude con 4,50 (7ª) e remataba a xornada cun 8º posto en altura (1,37).
Na cita tamén participaba a atleta Claudia Graña que ocupaba a 5ª posición dos 100 valados cun tempo de 18,87.