San Cibrao, 21 de xuño de 2016.- O Comité de Empresa do centro de traballo de Alúmina/Aluminio en San Cibrao estamos moi preocupados pola situación de incerteza na que está o sector da produción básica do Aluminio en Galiza co anuncio de ALCOA de por en venda as súas fábricas. Esta situación é consecuencia do nefasto sistema tarifario da enerxía eléctrica e concretamente da poxa pola interrumpibilidade. O futuro do sector do alumino está en xogo. E con el o futuro da Mariña, ao ser este é un dos motores socio-económicos fundamentais no tecido industrial da comarca.
O sistema actual de poxa ten demostrado non ser valido para garantir o futuro desta industria. Primeiro por que, a diferenza do que ocorre con outras industrias, a electricidade supón ata o 45% dos custes totais de produción do Aluminio impedíndonos participar na poxa en igualdade de condicións con outras que teñen moito máis marxe para baixar o prezo. E segundo pola inestabilidade que supón o carácter anual desta poxa que limita as inversións só a aquelas que son amortizables nun ano e dificulta a conservación de clientes.
Estes son os motivos polos que o Comité de Empresa de San Cibrao xunto con o da Coruña solicitará por escrito en Compostela o próximo xoves unha reunión co presidente da Xunta.
No escrito instamos á administración para que entre como socio inversor determinante nesta industria e interveña activamente neste proceso asegurando así a viabilidade das fábricas e a unidade do centro de San Cibrao, incluíndo a planta de Alúmina. Tamén vemos urxente que se concrete e acelere a poxa pola interrumpibilidade do ano 2016 como medida de supervivencia a moi curto prazo e que no vindeiro ano se desenrole un sistema tarifario previsible estable e competitivo que substituía á actual poxa pola interrumpibilidade.
Neste sentido dende San Cibrao apostamos, ademais, pola creación dunha tarifa eléctrica galega que teña en conta a condición excedentaria do pais na produción de enerxía eléctrica, o baixo custe do transporte e o feito de que os galegos soportamos tódolos inconvenientes e ningún beneficio na produción deste excedente. Tarifa galega que, cunha bonificación nas peaxes do 30%, poría as Fabricas do pais nun primeiro plano.
Por último tamén vemos imprescindible que a Xunta tutele a creación dun plan industrial que concrete as inversións necesarias para garantir o futuro da industria do alúminio.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



