Lourenzá, 1 de xuño de 2016.- O Concello de Lourenzá convoca reunións nas parroquias a partir deste xoves para informar sobre o funcionamento do Regulamento de Participación Cidadá e iniciar o proceso para elixir ás Comisións Veciñais.
O alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o Concello de Lourenzá pon en marcha un calendario de reunións polas parroquias para informar aos veciños do funcionamento do Regulamento de Participación Cidadá. O obxectivo destas charlas e dar a coñecer o funcionamento deste regulamento e iniciar o proceso para a elección das Comisións Veciñais”.
A rexedora anima a tódolos veciños e veciñas a asistir a estas reunións e a formar parte destas comisións. “A posta en marcha deste regulamento supón o inicio da participación activa dos cidadáns de Lourenzá nos asuntos do municipio. Trátase dun feito histórico para o noso concello, xa que por primeira vez os veciños e veciñas poderán participar de maneira activa e ter voz nos plenos. Pretendemos facer así do Concello un ente aberto e democrático, no que a cidadanía sinta o deber cívico de cooperar coa institución municipal na mellora das súas condicións de vida e no progreso socioeconómico do seu territorio. Queremos que os laurentin@s nos aporten as súas ideas e proxeccións acerca dos asuntos que van incluídos na orde do día dos plenos e que forman parte da realidade diaria do municipio”, explicou Rocío López.
As reunións empezarán este xoves, día 2, no centro social da Cazolga; o venres 3 será no centro social de Santo Tomé; a seguinte celebrarase o martes 7 na antiga escola de párvulos de San Adriano; o mércores 8 terá lugar no centro social de San Xorxe; e a última será o xoves 9 no salón de actos da Casa do Concello. Todas están programadas para as 21 horas.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



