9 de xuño de 2016.- O Consello da Xunta autorizou este xoves o inicio das expropiacións para a mellora da estrada LU-124, entre Lindín e A Cruz da Cancela, no concello de Mondoñedo, na que se investirán 1,68 millóns de euros. O Decreto de utilidade pública aprobado comprende as expropiacións dos 100 predios necesarias para a ampliación e mellora desta estrada autonómica, por importe de case 125.000 euros. As obras teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria da estrada que dá acceso á Autovía do Cantábrico cos municipios da Pontenova, Riotoroto e A Pastoriza e a previsión é licitalas este verán.
A mellora definida na estrada no treito comprendido entre o enlace de Lindín da autovía A-8 e A Cruz da Cancela pretende acadar unha maior seguridade e comodidade dos usuarios da vía. Deste xeito, facilitaranse os desprazamentos desde a autovía do Cantábrico cara aos municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
As obras levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 9+465 (enlace coa autovía) e 15+294 (glorieta existente na intersección coa LU-122, limítrofe co Concello de Riotorto). Realizaranse con criterios semellantes aos adoptados na mellora realizada en 2015 no tramo comprendido entre o núcleo de Mondoñedo e o enlace de Lindín desta vía, na cal a Xunta investiu máis de 700.000 euros.
Os traballos previstos nesta estrada inclúen a ampliación da calzada ata acadar unha sección de 6,5 metros e a mellora dos elementos de drenaxe, tanto dos lonxitudinais, executando gabias tendidas de seguridade, como dos transversais á infraestrutura que serán substituídos nalgúns casos para ampliar a súa capacidade. Ademais, disporase unha nova capa de rodadura en todo o tramo.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



