Burela, a 13 de xño de 2016.- “Se o goberno municipal socialista traballase o que tiña que traballar, a vivenda de emerxencia para casos de violencia de xénero xa podía estar a piques de funcionar”. Así se manifestou o Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela logo de ver que a concelleira de Servicios Sociáis pídelle á Xunta unha axuda para acondicionar a indicada vivenda.
O GMP quere “deixar claro que a vivenda está aí, porque houbo un goberno municipal, do PP, que tomou a decisión de tela. E para eso, desfectouna do seu uso anterior, e procedeu ó seu arranxo a través dun obradoiro de emprego e hasta onde chegaron os cartos”.
Os populares tamén indican que “foi o anterior goberno do PP que comenzou todos os trámites para que a vivenda fose xestionada por ‘Mulleres en Igualdade’, e tamén foi quen comenzou os trámites para acadar da Xunta a subvención necesaria para o acondicionamento da vivenda”.
“Pola contra, afirman, o goberno socialista paralizou todo, e sólo conseguiu perder un ano precioso, xa que a vivenda podía estar a piques de comenzar a funcionar, e ademáis de forma totalmente gratuita para o concello, xa que sería ‘Mulleres en Igualdade’ quen se faría cargo da xestión da mesma”.
Para os populares, “é evidente que, a tenor do indicado, a concelleira de Servicios Sociáis, na súa liña habitual de perda de tempo e escaso traballo, tal e como fixo cos cursos de mulleres (que os puxo en marcha con cinco meses de retraso), chega tarde neste asunto”.
Con todo, indican, “dado que este proxecto nace e se desenvolve co goberno municipal do PP, manifestamos que estamos totalmente a favor de que a vivenda se poña a disposición das persoas que o necesiten, pero tamén manifestamos que debe ser canto antes. Pedímoslle a concelleira que acelere un pouco no seu traballo, porque cobra relixiosamente dos impostos de todos os cidadáns, e hasta o momento nin neste nin noutros asuntos tén demostrado nada, o que a incapacita para apropiarse de proxectos, e tamén feitos, que veñen do goberno municipal do PP”.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



