Alfoz, 1 de xuño de 2016.- O Grupo Municipal do PP de Alfoz agradece o apoio do Grupo Provincial Popular quen onte conseguiu que o Pleno aprobara unha moción reclamando a necesidade de acometer as obras precisas para o arranxo e o acondicionamento da estrada LU-02-04 de Carrocide, por Arnela, ao Tremoal que non se atopa nun bo estado de conservación.
Os populares lamentan, sen embargo, que o PSOE non votara a favor na sesión celebrada onte na Deputación Provincial, cando no Pleno municipal a proposta saíu aprobada por unanimidade.
Os populares explican que é a única estrada de acceso á parroquia de Pereiro e da servizo tamén a máis da metade dos veciños da parroquia de Lagoa e constitúe unha das vías de saída do Concello cara o centro da provincia.Trátase dunha estrada con bastante tráfico xa que ademais dos veciños, por ela circula moito tráfico pesado posto que, cruza unha zona de grande riqueza forestal.
De feito, os populares precisan que en moitos puntos da vía, cando se atopan dous camións, non son capaces de pasar porque presenta unha plataforma moi estreita e un firme en mal estado.
E, a maiores, cabe subliñar que, como consecuencia de non levar a cabo tarefa algunha de limpeza e mantemento de cunetas ou zanxas, durante os meses de inverno a auga discorre pola estrada, cruzándoa en varios puntos, o que supón un perigo engadido para o tráfico que circula pola mesma.
9 anos á espera dunha intervención
O Grupo Municipal do PP denuncia que hai nove anos que non se fixeron obras de arranxo, acondicionamento e mellora nesta estrada, motivo polo cal, de continuar neste estado, requirirase no futuro dunha intervención máis custosa para o acondicionamento da mesma.
Os populares recordan que no ano 2007 a Deputación Provincial de Lugo elaborou un proxecto de actuación para esta estrada que contaba coa aprobación dunha consignación por un importe superior aos 800.000 euros. Foron numerosas as ocasións nas que o Grupo Municipal Popular durante as dúas anteriores mandatos nas que gobernaba no concello instou á Deputación Provincial de Lugo para que levase a cabo o arranxo e mellora desta estrada, pero esta fixo oídos xordos.
Sen embargo, ao longo deses anos, non se obtivo resposta algunha por parte da entidade provincial. Todo o contraio, o equipo de goberno bipartito da Deputación de Lugo incluso rexeitou algunha moción na que o Grupo Provincial Popular na corporación provincial instaba á dita entidade a levar a cabo labores de conservación e mellora nesta estrada, polo que piden que non volvan pasar 9 anos antes de que se interveña no vial.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



