Santiago, 8 de xuño de 2016.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro lamentou que os grupos da oposición rexeitaran este mércores a proposta de declaración institucional para o mantemento dos postos de traballo da empresa Alcoa en Galicia. “Diante desta situación, decidimos rexistrar o contido desta proposta como proposición non de lei, de xeito que en vindeiras sesións do Parlamento se poida debater e coñecer a postura de todos os grupos sobre o futuro de Alcoa e dos seus traballadores”, sinalou.
Balseiro lembrou que a proposta do Grupo Popular recollía a práctica totalidade das cuestións formuladas polo Comité de Empresa de Alcoa, co mesmo contido da que se aprobou no Parlamento de Asturias e pretendía instar á multinacional a promover o mellor futuro posible para as fábricas existentes en San Cibrao e A Coruña.
Apoio incondicional ao sector do aluminio
Ademais, a iniciativa amosa o apoio incondicional ao sector do aluminio en Galicia e a todos os traballadores e as súas familias vinculadas ao mesmo.
Por último, ínstase ao futuro goberno de España a que garanta a competitividade de todas as empresas electrointensivas, de maneira que facilite os investimentos industriais e a súa permanencia.
“Todas estas demandas están recollidas na proposición non de lei que hoxe mesmo rexistrou o Grupo Popular e que intentaremos que se poida debater no vindeiro Pleno do Parlamento de Galicia, de xeito que todos os grupos parlamentarios poidan amosar o seu posicionamento sobre Alcoa e o futuro dos seus traballadores en Galicia”, indicou Balseiro.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



