Burela, 21 de xuño de 2016. Academia A Mariña impartirá desde este mes e ata novembro un curso de Administración de servizos en Internet para o que xa só quedan tres prazas libres. É gratuito, para desempregados, e ao finalizar obterán o certificado de profesionalidade oficial.
O curso terá unha duración de 608 horas e no mesmo abordaranse cuestións como administración de servizos web, de mensajería electrónica e de transferencia de arquivos e contidos multimedia, ademais de xestión de servizos no sistema informático. Haberá un módulo de prácticas profesionais non laborais de administración de servizos en Internet.
As persoas interesadas en acudir a este curso deben ser demandantes de emprego e cumprir como mínimo algún dos seguintes requisitos: ter Bacharelato, COU, FPII ou equivalentes.
Ademais, o mércores, 22 de xuño, terá lugar a selección doutro certificado de profesionalidade, Organización e xestión de almacéns, que che habilitará como técnico en xestión de stocks e almacéns, empregado administrativo dos servizos de almacenamento e recepción, almacenero de empresas de transportes, xefe de almacén, técnico en loxística de almacéns, xestor de almacén, responsable de recepción de mercancías, responsable de expedición de mercancías.
O teléfono para obter máis información en Academia A Mariña, en Burela, é o 982 58 50 98.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



